Trátase dun festival de promoción e difusión das artes escénicas e musicais na rúa con espectáculos para público familiar e adulto, e entrada de balde.
O festival pretende que as propostas programadas saian ao encontro co público, en espazos non convencionais. A rúa, entendida como un espazo aberto onde a cidadanía constrúe a súa vida cotiá, é cultura e a cultura, está na rúa.
Prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música, circo, teatro de rúa… que intentarán transformar a rúa nun escenario propicio onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo.
|
PROGRAMA RÚA EXT-CÉNICA 2026 X FESTIVAL DAS ARTES ESCÉNICAS NA RÚA
|
||
|
Venres 17 xullo |
20.00 h La Finestra Nou Circ “Pilots” (clown, malabares, acrobacia, monociclo) 45´
Parque do Emigrante (Sta. Cruz)
|
21.00 h Cia. Orain-Bi "Mute” (circo) 45´
Praza Esther Pita (Sta. Cruz)
|
|
Sábado 18 xullo |
20.00 h Teatro Ghazafelhos “Sherezade,Aladino e os tres beduínos” (teatro de rúa) 50´
Parque José Martí (Sta. Cristina) |
21.15 h Vangoura (concerto)
Praza afundida (Sta. Cristina) |
|
Domingo 19 xullo |
12.30 h Lembra Xabarín “Concerto tributo Lembra Xabarín” (música infantil)
Parque das Torres (Santa Cruz) |
20.00 h Darío Bardam “ Phantom” Residencia Paraíso (danza contemporanea
Parque Luis Seoane (Santa Cruz) |
Espectáculos para público familiar e para público adulto.
Do 17 ao 19 de xullo