Atrás OBRADOIRO DE RAKÚ

Consiste na aplicación de distintos esmaltes sobre a superficie das pezas que despois se levan ao forno. Cando os esmaltes alcanzan o seu punto de cocemento, sácanse aínda incandescentes coa axuda de pinzas de ferro e deposítanse nun recipiente cheo de serraduras, (tamén se poden usar follas secas ou anacos de periódicos). Cando as pezas tocan estes materiais incéndianse e xérase unha enorme cantidade de fume que penetra na peza. Os esmaltes reaccionan co fume e a calor e converten os óxidos en metais. Logo de varios minutos, o proceso químico fíxase baixando bruscamente a temperatura con auga. O resultado de todo este proceso fai que xurdan na superficie da cerámica cambios de cor e efectos sorprendentes.

A quen vai dirixido?

As persoas maiores de 12 anos empadroadas no Concello de Oleiros.

Data do evento

24 e 31 de outubro (1ª quenda)

24 de outubro e 7 de novembro (2ª quenda)

Horario

1ª quenda: 24 de outubro, de 16.00 a 17.30 h, e 31 de outubro, de 16.00 a 20.00 h

2ª quenda: 24 de outubro, de 18.00 a 19.30 h, e 7 de novembro, de 16.00 a 20.00 h

Lugar de Celebración

Obradoiro Municipal de Olería (ao fondo do xardín do centro cultural As Torres)

Inscricións

Do 2 ao 15 de outubro.

O día 16 de outubro sortearanse as prazas ás 10.00 h e notificarase as persoas que acaden praza entre o 16 e o 20 de outubro.

Prezo

4 €

Medios de contacto

981 626 692 ou 981 610 000 extensión 4211

museos@oleiros.org