O presidente da FEGAMP tomou máis atribucións das que lle corresponden nun tema de vital importancia para as arcas de todos os municipios, actuando sen consultar cos concellos. Este pacto obriga ás administracións locais a continuar cofinanciando un servizo que a Lei obriga a financiar ao 100% pola Xunta e o Estado.
“É unha vergoña que se tomen estes acordos saltándose aos concellos. A cara de felicidade de ambos na foto xa o di todo. O de Rueda é normal, porque consegue algo que non esperaba nin de broma... pero a do alcalde de Vilagarcía é indignante, pero claro, a cambio haberá importantes investimentos da Xunta no seu municipio”, afirmou o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane.
O rexeitamento a este sistema de financiación é un unánime por parte de todos os concellos galegos, aínda que por cuestións partidistas non todos o manifestan publicamente. Precisamente a iniciativa do alcalde de Oleiros, o pleno da Deputación da Coruña rexeitou este sistema de financiamento.