Hemeroteca

Asset Publisher

Back Volven as tertulias literarias e os clubs de lectura a Santa Cruz

A partir do 26 de setembro, ás 10:00h, as persoas que o desexen poderanse inscribir nos Clubs de lectura e Tertulias Literarias que se van a realizar na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz.

Nos clubs de lectura e nas tertulias comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar as persoas participantes a ler, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

As inscricións poderán realizarse a partir das 10:00h do xoves 26 de setembro de forma presencial na biblioteca de Santa Cruz, por teléfono (981 626 338) no horario habitual da biblioteca ou a través da web municipal (formulario inscrición) e con prioridade para persoas empadroadas no concello de Oleiros.

Ofértanse 57 prazas distribuídas en 2  grupos de 19 persoas cada un que se reunirán os martes quincenalmente  ás 17:30 horas. A duración da actividade será de 120 minutos.

As/os solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda. Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada. Poderán inscribirse todas as persoas maiores de 18 anos que desexen participar.  

A actividade remata no mes de xuño de 2025.

Tamén se van realizar clubs de lectura na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) e na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros). Para estas bibliotecas o prazo de inscrición abrirase no mes de outubro.


 

back link