Móvete+ busca mellorar a calidade de vida das participantes mediante exercicio físico adaptado ás súas necesidades, contribuíndo a reducir algúns dos efectos asociados aos tratamentos, como a fatiga ou os trastornos do sono, e favorecendo o benestar emocional, a autoestima e as relacións sociais. O programa constitúe tamén un espazo de encontro e apoio entre as participantes.
As sesións terán lugar de 11 a 12:30 horas na Casa da República e na Pista de Meixonfrío. A actividade é completamente gratuíta e para incorporarse será necesario presentar un informe médico que permita adaptar as actividades ás características de cada participante.
As inscricións realizaranse a través da páxina web municipal: www.oleiros.org