Oleiros, 16 de xullo de 2021-. Venres 16, sábado 17 e domingo 18 de xullo, terá lugar unha nova edición do Festival de Artes Escénicas na Rúa, máis coñecido como RÚA EXT-CÉNICA. Prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do Concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música electrónica, circo, danza contemporánea, teatro de rúa…, que intentarán transformar a rúa nun escenario propicio onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo.
Hemeroteca
Dende Outubro 2010
VENRES 16
DANZA E CIRCO: SU.MA (19:30 h, na praza Esther Pita)
MÚSICA INFANTIL: Marian Ledesma (20:30 h, na praza Esther Pita)
CONCERTO: The Teta´s Van (21:30 h, na praza do Castelo)
SÁBADO 17
TEATRO: Quixote (12:30 h, na praza Esther Pita)
DANZA E MÚSICA ELECTRÓNICA: Pisando ovos (21:00 h, na praza afundida)
DOMINGO 18
CIRCO: Wilbur (12:30 h, no miradoiro de Santa Ana)
DANZA CONTEMPORÁNEA: Entremans, Exire, N+1 e Colectivo Glovo (21:00 h, no parque José Martí)