Oleiros, 10 de xaneiro de 2022-. Debido ás obras de renovación da rede de abastecemento de auga será preciso cortar o tráfico na rúa Maside, entre a rúa Pedregal e a rotonda da avenida Miguel Hernández, desde mañá ata o día 31 de xaneiro. Mentres dure esta situación, o tráfico desviarase pola avenida Miguel Hernández e pola rúa Pedregal.