Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Un contacontos no Castelo de Santa Cruz para festexar o Día dos Museos

Imagen Un contacontos no Castelo de Santa Cruz para festexar o Día dos Museos

Con motivo do Día dos Museos (18 de maio), o Concello de Oleiros organiza o venres 22 ás 17:30h un contacontos no castelo de Santa Cruz: O conto de Tronquiño. 

O Museo Os Oleiros a través da exposición "Obxectomanía: unha historia singular do coleccionismo", achegará ás crianzas ao mundo das coleccións e dos museos. A través da exposición descubrirase o que son as cámaras das marabillas e cal é o papel dos museos á hora de conservar e contar historias.

O conto de Tronquiño vai dixirido a crianzas maiores de 4 anos. O prazo de inscrición na actividade é o 18 ao 21 de maio (ás 14:00h) a través formulario habilitado na web ao efecto. A actividade é de balde.