Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Un ano máis, Oleiros celebra a festa central do Entroido con alegría e moita retranca

A tradicional festa central do entroido de Oleiros presentou, coma sempre, unha entrada espectacular. Un pavillón Arsenio Iglesias cheo de xente e comparsas que participaron intensamente no evento amenizado pola orquestra Los Satélites. 

O éxito da festa refléxase nos 20 grupos participantes no concurso e os 19 disfraces individuais-parellas que optaban oficialmente aos premios convocados, un dos estímulos do evento. O importe acadaba os 5.200 euros para repartir nas distintas categorías. 

Segundo a decisión do xurado, o primeiro premio individual (400 €) foi para Rey del Carnaval oscuro; o segundo (300) para Os Chapalatas; os dous terceiros (200 cada un) para Colorín colorado e cos ovos acabaron e Bioshock e os accésits (100 cada un) para La Bibliotecaria e Peliqueiro ou Cigarrón.

Na categoría de grupos, o primeiro premio (1.500 €) correspondeu a Fíos de Salitre; o segundo (1.000) foi para Los sutiles Vikingos; os dous terceiros (500 euros cada grupo) foron para Latexo galego e Os edros de jarana na sabana e por último, o accésit (400) mereceuno Pontedisfraz: A luz do camiño.

Celebrouse así o acto central do Entroido, pero as festas que tiveron lugar en múltiples lugares do Concello os últimos días, continúan hoxe sábado en Mera (13:30 horas no Parque da Lagoa con música, callos, chololatada, festa infantil queima do entroido e homenaxe a Paco Mivida), Santa Cruz (17 h no porto e Centro Cívico, con animación infantil e djs) e Dexo (19:30 h na Casa do Pobo, coa comparsa Os Parados e baile).
 

back link