Oleiros, 12 de xuño de 2014-. O Concello informa de que aínda quedan prazas dispoñibles para o curso de monitor de transporte escolar que comezará a próxima semana. Este curso, organizado polo Concello de Oleiros a través do Centro de Información Xuvenil, forma parte do programa de formación para adultos, composto por cursos formativos que complementarán a formación das persoas participantes e achégalles novos coñecementos que contribúan a mellorar a situación laboral.
Hemeroteca
Dende Outubro 2010
Este curso quere dotar o alumnado de coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para poder desempeñar de xeito competente as funcións propias dun monitor de transporte escolar. O programa formativo inclúe coñecementos en normativa reguladora do transporte escolar, seguridade nos transportes escolares, entre outras materias.
O curso terá unha duración dunhas 30 horas distribuídas entre o 16 ao 27 de xuño en horario de 16.00 a 20.00 horas. A actividade docente levarse a cabo no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, dos Regos. Unha vez rematado o curso farase entrega dun diploma acreditativo a aquelas persoas que teñan máis dun 75% de asistencia.
De xeito opcional as persoas participantes poderán realizar prácticas no transporte de campamentos de verán que organiza o Concello de Oleiros. O custo da actividade é de 49,50 € para os empadroados e de 82,50€ para os non empadroados. As inscricións poderanse facer a través do correo c.xuventude@oleiros.org, no teléfono 981 636 598 ou de xeito presencial no Centro de Información Xuvenil A Fábrica.