Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros,  cando todas as contratacións do Concello realízanse conforme á Lei de Contratos do Sector Público. Todos os contratos do Concello de Oleiros superiores a 15.000 euros adxudícanse mediante concurso público, contan con todos os informes preceptivos de Secretaría e Intervención, están á vista de calquera cidadán ou empresa na Plataforma de Contratación do Estado e publicítanse en tempo e forma.

Dos 2.769 contratos realizados polo Concello de Oleiros nos anos 2019 e 2020, La Voz de Galicia tampouco di que o Consello de Contas só detectou deficiencias en 4, que foron aclaradas ao non presentar ningunha ilegalidade. Dous deles superaban os 15.000 euros porque se lles engadira o IVE; outro é un pagamento ao Rexistro da Propiedade que non é posible sacar a concurso; e o cuarto dos expedientes correspóndese a facturas eléctricas da avenida de Venezuela, facturadas directamente pola empresa subministradora por un problema nos contadores.

O intento de desacreditar a xestión do Goberno municipal e o eficiente traballo dos funcionarios públicos do Concello de Oleiros queda patente polo feito de que La Voz de Galicia, se poña ao servizo do PSOE de Oleiros, para manipular un informe que aínda non foi recibido polo Concello. A conexión existente entre o conselleiro do Consello de Contas que dirixe a área de fiscalización institucional e o PSOE está detrás deste novo intento de atacar a honesta política do Goberno de Oleiros con mentiras e difamacións intolerables.

back link