Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Teatro en Mera o sábado 31: “Bio Construción”

Imagen Teatro en Mera o sábado 31: “Bio Construción”

O auditorio Gabriel García Márquez acolle o sábado 31 de outubro ás 20:30 horas a obra teatral “Bio Construción” de Ibuprofeno Teatro.

Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. A súa gran creación. Así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, cun compromiso inquebrantable.

Entre o surrealismo e o absurdo, Marián Bañobre e Santiagio Cortegoso presentan unha peza que pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea.

O espectáculo está dirixido público adulto e o custe da entrada é de 4,00 euros. A compra anticipada está dispoñible a partir do domingo 25 de outubro ás 12.00 horas a través de www.giglon.com, e na billeteira do auditorio desde unha hora antes do comezo de cada espectáculo. O pagamento na billeteira só se poderá realizar a través de tarxeta bancaria.