As 6 persoas identificadas terán que afrontar cadansúa multa económica de 600 euros. Os cartóns non se poden deixar fóra dos contedores, hai que dobralos e pregalos para introducilos dentro do contedor azul. Só é posible deixar xunto aos contedores mobles, electrodomésticos, colchóns e outros residuos voluminosos do fogar os xoves a partir das 20:00 horas, sempre e cando se chame previamente ao teléfono 981 795 524 para dar o correspondente aviso.
Electrodomésticos, restos de podas, escombros e outros residuos de ámbito doméstico só poden depositarse no punto limpo situado no polígono de Iñás, na rúa Salnés.
En caso de observar a algunha persoa infrinxindo as normas do lixo, o Concello solicita que se chame á Policía Local: 981 610 001.
Os espazos públicos son patrimonio de todas e todos. Ninguén ten dereito a degradar e maltratar as rúas.