Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Sanidade ordena o peche dun local en Mera

Oleiros, 8 de xaneiro de 2013-. A xefa territorial da Consellería de Sanidade, tras unha  inspección realizada no establecemento Chick Mera Bar, comunicou ao Concello de Oleiros o peche temporal deste establecemento. A orde de peche débese a varias infraccións relacionadas coa falta de hixiene e a sucidade que presentaba o local. Así como debido a anomalías nos aparatos de refrixeración e o uso de cámaras deste tipo como almacén. Tamén se atoparon roturas en tubaxes e falta de hixiene en barra, cociña, paredes e mobiliario. O organismo autonómico sinalou que o peche debe de realizarse de modo inmediato.

back link