Trátase dunha selección de deseños de Castelao recollidos nos seus tres álbums de guerra- Galiza Mártir (1937), Atila en Galiza (1937) e Milicianos (1938)- que gardan un enorme parecido con imaxes fotográficas do xenocidio e limpeza étnica na Palestina (Gaza e Cisxordania) coas que se emparellan e configuran a exposición. As imaxes obrigan a mirar de fronte á inxustiza e á destrución provocadas polo odio e pola deshumanización do máis débil, tristemente de tanta actualidade...
A exposición estará dispoñible para toda a cidadanía na Fábrica ata o día 16 de outubro.