Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Revela inaugúrase en Santiago de Compostela

23 de Decembro de 2010

A exposición de fotografía itinerante do Foro Internacional Revela que se estreou onte no centro sociocultural de Fontiñas

Oleiros, 22 de decembro de 2010-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, asistiu esta mañá á inauguración da exposición de fotografía itinerante do Foro Internacional Revela que se estreou hoxe no centro sociocultural de Fontiñas, en Santiago de Compostela. O rexedor oleirense manifestouse satisfeito por lograr exportar os valores do Foro Revela a outros lugares de Galicia. «Imos seguir traballando para que a exposición poida chegar ao maior número de lugares posibles», sinalou.

O Foro Internacional Revela é unha iniciativa do Concello de Oleiros que conta coa colaboración da Fundación María José Jove e a Deputación da Coruña. Así mesmo, prestan o seu apoio La Caixa, Viajes el Corte Inglés e Haley. Para obter máis información sobre o Revela 10 pódese visitar a páxina do certame www.revelaoleiros.org.

back link