Hemeroteca

Asset Publisher

Back Restauración Infraestrutura verde municipal: Senda costeira Canide

SUBVENCIÓN "RESTAURACIÓN INFRAESTRUCTURA VERDE MUNICIPAL - SENDA COSTEIRA CANIDE" 

Con data 15/03/2024 recibibese comunicación da Axencia de Turismo de Galicia da concesión da subvención  dentro do procedemento: 
“Subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, 
financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (TU503G).”

Expediente: TU503G 2024 1-22

Consistirá en :
-    Mellora de pavimento peonil.
-    Rehabilitación de equipamentos.

 

As actuacións a levar a cabo consisten na substitución do actual pavimento da senda peonil do tramo final do Paseo de Canide, á súa chegada á praia de Mera e ó Paseo Párroco Manuel Rial, xa que na actualidade son de xabre cemento e se atopan desgastadas e deterioradas, debido sobre todo ós efectos meteorolóxicos e á influencia da oleaxe en temporais e mareas altas, que provoca o lavado do material e a reposición continua do mesmo, para conservar un estado adecuado para o seu uso peonil con grande afluencia de usuarios ó longo de todo o ano.

Por outra banda, a varanda de protección anexa á senda peonil a rehabilitar no tramo final do Paseo Marítimo de Canide e do Paseo Párroco Manuel Rial, atópase gravemente deteriorada, debido ós efectos do ambiente mariño ó que se expón e ás inclemencias meteorolóxicas, afectando tanto ós elementos metálicos como ó pasamans de madeira que a compoñen, non sendo posible a súa restauración, polo que se precisa a súa substitución completa.

back link