Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Remata o X Festival Internacional de Títeres Galicreques

Oleiros, 8 de outubro de 2014-. O auditorio do centro cultural A Fábrica  acollerá este sábado 11 de outubro a última das tres actuacións do Festival Internacional de Títeres organizado polo Consorcio das Mariñas. A danza das marionetas é o título da derradeira das tres actuacións que acolleu o Concello de Oleiros. Trátase dun orixinal espectáculo popular de monicreques bailaríns. Son tallas de madeira que cobran vida ao son dos variados instrumentos tradicionais da rexión flamenca de Limbourg. A cita terá lugar ás 19.00 horas. A entrada é libre, ata completar a capacidade da sala.

back link