Oleiros, 18 de setembro de 2015-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e a concelleira de Deportes, Teresa Vázquez Maseda, recibiron esta mañá na Casa do Concello a José Manuel Sánchez, medallista de bronce nos mundiais de piragüismo celebrados a pasada fin de semana en Hungría, na localidade de Gyor. O piragüista oleirense obtivo a terceira posición en C2, na modalidade de maratón.
Logo dunha charla moi cordial do deportista coas autoridades municipais, o alcalde destacou que “é un orgullo para todos os oleirenses ter este gran campión e a esta gran persoa como veciño”. Tamén suliñou que José Manuel Sánchez é “unha persoa dunha grandísima calidade humana e profesional. Hai que recoñecer o esforzo que hai detrás desta medalla, un traballo moi duro”.
García Seoane tamén lembrou que “grazas á grande infraestrutura deportiva creada en Oleiros temos un total de 68 entidades deportivas. E agora mesmo unha máis, co club de atletismo que se acaba de fundar na localidade de Nós”.