Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Pura Tejelo presenta a súa obra A elegancia do século nas Torres de Santa Cruz

Oleiros, 17 de outubro de 2017-. O vindeiro xoves día 19, ás 20:00 horas, preséntase o libro A elegancia do século de Pura Tejelo no auditorio das Torres de Santa Cruz. Ademais da autora, o acto contará coa participación de Rosa García Vilariño, profesora de lingua e literatura, e de Sabela Caamaño, acordeonista.

Pura Tejelo é licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e traballou como docente en bacharelato dando clase de lingua galega. En 2014 gañou o premio do II Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María coa obra Éramos deuses entre a herba seca de agosto. Publicou nas revistas Dorna e Festa da Palabra Silenciada. A obra A elegancia do século, publicada pola editorial Xerais, recibiu no ano 2016 o Premio Johan Carballeira no que o xurado destacou a maneira en que a autora “explora o cotián dun xeito profundo e elaborado, empregando un repertorio de imaxes que con nitidez nos trasladan á anécdota ou situación que deu orixe á reflexión lírica”.
 

back link