A veciñanza que o desexe poderá depositar no punto limpo móbil pequenos electrodomésticos, baterías, pilas, aerosois, plásticos, cd e dvd, bombillas ou medicamentos, entre outros.
Os puntos limpos móbiles sitúanse cada semana nunha parroquia diferente para facilitar á veciñanza o proceso de reciclaxe de diferentes elementos.
Horarios:
- Do luns 10 ao venres 14 de xuño: Casa do pobo de Lorbé.
- Do luns 17 ao venres 21 de xuño: Praza da Lagoa en Mera.
- Do luns 24 ao venres 28 de xuño: Casa do pobo de Dexo.