Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Publicada a listaxe definitiva das subvencións para comedores escolares

Rematado o procedemento, publícase a listaxe definitiva co estado das solicitudes da Prestación de Apoio ao Comedor Escolar para o curso 2026/2027. Calquera dúbida ao respecto, pode consultarse nas oficinas de Servizos Sociais e Igualdade ou chamando ao teléfono de atención veciñal 981 61 00 00.

As axudas serán cubren o 100 %, o 60 % ou o 40% do custo do comedor, en función da renda familiar de cada neno ou nena. O Concello destina un total de 90.000 euros a financiar este programa, pero en caso de resultar necesario incrementaríase esa cantidade.

Esta convocatoria está dirixida ao alumnado dos centros públicos de Oleiros nos que o servizo de comedor é xestionado polas ANPAs e AFAs coas que existe un convenio de colaboración para a xestión destas axudas. O Concello de Oleiros agradece a todas as persoas que forman parte dos equipos directivos das ANPAs dos distintos centros a súa dedicación en beneficio do benestar dos nenos e nenas de Oleiros, así como a súa xestión para facilitar a tramitación e pagamento destas subvencións municipais.


LISTAXE

back link