Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Publicada a guía para fomentar un uso inclusivo e non sexista da linguaxe

 Oleiros, 22 de marzo de 2023-. No marco do II Plan de Igualdade, o Concello acaba de publicar a Guía para un uso inclusivo e non sexista da linguaxe. Con esta publicación búscase frear a transmisión de estereotipos e prexuízos sexistas a través da linguaxe e, con isto, as desigualdades e violencias que sobre eles se constrúen. Para contribuír á loita social en prol da igualdade entre mulleres e homes, é necesario derribar os imaxinarios estereotipados, os roles e mandatos de xénero que a través da linguaxe se transmite. 

 
Esta Guía para un uso inclusivo e non sexista da linguaxe sinala, dunha forma práctica e sinxela, o sexismo cotiá que adoitamos empregar na linguaxe, e proporciona alternativas inclusivas e non sexistas. Ademais vai máis alá da linguaxe escrita e abrangue imaxes, fotografías, vídeos... sinalando as dinámicas que lexitiman o trato diferencial -e, polo tanto, desigual e discriminatorio- entre mulleres e homes, coa finalidade de ser quen de detectalas e corrixilas. 
 
Todas aquelas persoas interesadas en dispoñer desta publicación poden solicitala na Casa do Concello. Tamén se poderá consultar nas bibliotecas municipais. Ademais entregaranse exemplares nos centros de ensino, entidades sociais, culturais e deportivas, asociacións veciñais, Casas do pobo, Casas da mocidade, os centros de saúde,... 
back link