Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Presentación da obra de Silvia Salgado nas Torres de Santa Cruz

O xoves 4 de abril ás 19:00 horas, Silvia Salgado presentará a súa obra Verde en el tejado no teatro As Torres de Santa Cruz. Intervirán no acto a propia autora e a editora e directora de Hércules de Edicións, Laura Rodríguez.
 

Verde en el Tejado é unha novela sobre a amizade, as emocións e a superación.
A través dunha relación especial da protagonista con Virginia (unha acuarelista que pinta flores e que reside en Verona) atopa a forza necesaria para afrontar o seu futuro e reconciliarse cun pasado familiar tumultuoso. Un eloxio á vida e á beleza que se pode atopar en obxectos como as flores ou os libros.


Silvia Salgado é unha autora catalá que reside en Mera (Oleiros). Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade Autónoma de Barcelona e cun posgrado
en Xornalismo da Universidade Columbia de Nova York. 

Algunhas das súas obras publicadas son: Mientras hilan las mariposas, La aldea, El intermedio que somos e Si te vuelves invierno. Colabora como columnista en El Ideal Gallego e dirixe talleres de escritura creativa e clubs de lectura.
Compaxina o seu traballo coa súa paixón pola fotografía.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

back link