Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Prazas e rúas de Santa Cruz acollen 13 actuacións da Escola Municipal de Música este domingo

O roteiro musical da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros ten programadas 13 actuacións distintas en diferentes espazos públicos de Santa Cruz. Serán este domingo día 8, desde as 11:30 horas.
 

Haberá actuacións no Monumento aos Emigrantes e na ponte do Castelo desde as 11:30 horas, no Parque Luís Seoane desde as 11:30 horas e na zona de paseo da rúa do Mar desde as 12:00 horas. 

Pola tarde celebrarase o gran musical MAMMA MIA! na praza de Esther Pita ás 18:00 horas, coa Orquestra sinfónica, o coro La Tremenda Tremolina e a Escola municipal de Danza. 

A Big Band pechará a xornada ás 21:00 horas cun concerto na praza do Castelo.

Todas as actuacións son abertas a toda a cidadanía.

Actuacións, emprazamentos e horarios:

PARQUE DO EMIGRANTE
11:30h - Grupo de Saxofóns
13:00h – Banda Infantil. Ensemble de clarinetes 

PONTE DO CASTELO 
11:30h – Colectiva de Canto
13:00h – Piano
13:30h – Música de Cámara
14:00h - Coros

PARQUE LUIS SEOANE
11:30h – Ensemble de Frautas
13:15h – Colectiva de Cordas 1 e 2
13:30h – Colectiva de Percusión

RÚA DO MAR
12:00h – Combos Música Moderna
13:30h – Grupo de Gaitas

PRAZA ESTHER PITA
18:00h – MAMMA MIA! Coa Orquestra Sinfónica EMMO, Coro La tremenda Tremolina, escola de Danza (7º-8º Danza Clásica)

PRAZA DO CASTELO
21:00 h – Concerto da Big Band
 

back link