Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Persoas maiores dos obradoiros de memoria elaboran o libro Cociña e Barro

 Mañá mércores 4 de agosto, coincidindo coa primeira xornada da XXVII Feira Alfaroleiros, terá lugar a presentación de Cociña e Barro, ás 19:00 horas no parque Luis Seoane. Este libro recolle todos os coñecementos sobre a olería e a cociña tradicional dun grupo de persoas maiores que participan nun dos obradoiros municipais de memoria, incluíndo unha importante relación de pezas de barro para cociñar e diferentes receitas de cada unha das participantes.

 Cociña e Barro é un proxecto do Concello de Oleiros, que desenvolven conxuntamente o Museo Os Oleiros e Servizos Sociais e Igualdade, a través dos talleres de “Oleiros na Memoria” do Programa Envellecemento Activo. Ademais da confección deste libro, xurdiron moitas outras iniciativas como a recuperación da historia das telleiras do municipio e a súa  divulgación a través de actividades interxeracionais nas escolas; a recolección de pezas de barro para o Museo Os Oleiros; un extenso programa de excursionismo e sendeirismo por Galicia para coñecer os “Outros Oleiros”; a transmisión de receitas tradicionais elaboradas en barro; a recuperación das historias vividas por persoas que traballaron co barro en Oleiros: feirantes, telleiros,...; e os obradoiros de elaboración de pezas de barro.
 

 

back link