Como reforzo deste dispositivo, as festas contarán tamén cun Punto Violeta itinerante integrado por dúas profesionais especializadas, que se desprazarán polos diferentes espazos da festa para aumentar a accesibilidade e proximidade ao operativo, achegándose directamente ás persoas asistentes.
Os Puntos Violeta son lugares de referencia, atención e apoio psicolóxico, atendidos por un equipo especializado de profesionais na materia. Dispoñen dun Protocolo de Actuación en colaboración directa coas Forzas e Corpos de Seguridade e cos Servizos Sanitarios. Ademais, funcionan como espazos de sensibilización accesibles á cidadanía, onde se ofrece material informativo e divulgativo sobre os recursos e servizos municipais dispoñibles, así como actividades de concienciación adaptadas a distintas idades.