O Concello de Oleiros é beneficiario das axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España, en réxime de concorrencia non competitiva mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E), para as obras de:
1.- “PAVIMENTACIÓN DUN TRAMO DA RÚA AREOSA”.
INVERSIÓN TOTAL: 114.445,79€.
IMPORTE DA AXUDA: 46.522,00€
PORCENTAXE AXUDA: 40,65%
As actuacións centraránse en:
A actuación prevista consistirá na pavimentación do camiño en toda a súa superficie mediante unha capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente, executaranse sumidoiros nos puntos nos que sexa preciso, canalizando as augas pluviais e naqueles tramos máis estreitos do camiño procederase ao entubado das cunetas e por último sinalización viaria do camino.
