Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Os violadores de ¿La manada¿ son declarados persoas non gratas no Concello de Oleiros

Oleiros, 28 de xuño de 2018-. O pleno do Concello de Oleiros realizou unha declaración institucional para condenar a posta en liberdade das cinco persoas que violaron a unha moza en Pamplona no ano 2016. A corporación tamén acordou declarar a José Ángel Prenda Martínez, Alfonso Jesús Cabezuelo Entrena, Jesús Escudero Domínguez, Ángel Boza Florido e Antonio Manuel Guerrero Escudero persoas non gratas no Concello de Oleiros.

Así mesmo, o Goberno municipal aprobou no pleno celebrado esta tarde un conxunto de diversas obras valoradas en 1.169.895,31 euros e que se financiarán con 660.033,67 euros das arcas municipais, procedentes do superávit económico do exercicio 2017. As actuacións que quedaron aprobadas e que estarán en execución despois do verán son as seguintes:

Cambio de uso da Casa das Pedras para crear o Centro de Lecer de Perillo: 47.880,81 euros
Repintado do cuartel da Policía Local: 20.253,78 euros
Pavimentación da rúa Pexegueiro: 55.084,13 euros
Renovación do pavimento, das beirarrúas e da rede de abastecemento de auga da rúa Miraflores: 57.643,67 euros
Pavimentación dun tramo da rúa Avelino Cachafeiro: 38.169,14 euros
Construción de beirrarrúas en Lorbé, rúa do Golfiño: 455.020,52 euros
Actuación na fonte de Espiñeiro: 20.106,09 euros
Reurbanización viaria e conexión da avenida das Mariñas coa rúa Icaro: 67.502,19 euros
Renovación do colector de saneamento do Polígono Industrial do Espírito Santo (tramo rúa Barcala): 188.046,68 euros
Asistencia técnica para elaboración do PE-2 Rego de San Pedro: 143.000 euros
Coordinación de seguridade e saúde: 13.112,48 euros
Control de calidade das inversións financieiramente sostibles: 64.075,81 euros
 

back link