Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Os Reis Magos chegan a Oleiros para percorrer todas as parroquias

 Oleiros, 5 de xaneiro de 2022-. Os Reis Magos percorrerán esta tarde todas as parroquias de Oleiros na cabalgata organizada polo Concello. A saída está prevista para as 16:30 horas da Casa do Concello, finalizando o percorrido sobre as 20:15 horas en Perillo, na avenida da II República.

 
Antes de efectuar a súa saída no autobús descapotable, a comitiva real será recibida oficialmente na Casa do Concello. Ás 16:30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar saudarán desde o balcón principal do consistorio a todos os nenos e nenas que se acheguen ata a praza de Galicia. Os horarios aproximados de paso dos Reis son os seguintes, aínda que poderían sufrir variacións en función do tráfico:
 
16:30 H - Recepción oficial na Casa do Concello e saúdo desde o balcón do consistorio
16:45 H - Avenida Francisca Herrera
16:50 H - Avenida Isaac Díaz Pardo, urbanización Os Regos
17:00 H - Avenida Rosalía de Castro, Casa do Pobo de Montrove
17:10 H - Rúa das Garridas
17:20 H - N-VI, Avenida das Mariñas (Agramar-Beiramar)
17:25 H - Urbanización O Seixo
17:40 H - Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido
17:55 H - Avenida Salvador Allende, Casa do Pobo de Nós 
18:05 H - Avenida Espoz y Mina 
18:10 H - Rúa da Vila, Casa do Pobo de Iñás
18:15 H – Rúa Fonte do Ouro, urbanización Arenaza
18:30 H – O Couto, Rúa do Golfiño 
18:40 H – Avenida Giménez Herrero, Casa do Pobo de Dexo
18:50 H – Rúa Doutor Fleming
19:00 H – Paseo de Mera
19:05 H – Avenida María Pita
19:10 H – Avenida República Arxentina, Breixo
19:15 H – Urbanización Rialta, parque Nicolás Redondo
19:25 H – Rúa Viñas de Babilonia
19:35 H – Avenida Concepción Arenal
19:40 H – Avenida Che Guevara
19:50 H – Rúa Darwin
20:00 H – Avenida Santa Cristina
20:10 H – Rúa Miradoiro
20:15 H- Avenida da II República
back link