Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Os participantes no obradoiro de pintura das actividades ocupacionais inauguran unha exposición

Oleiros, 9 de maio de 2014-. As 70 persoas participantes no obradoiro de pintura das actividades ocupacionais de Servizos Sociais do Concello de Oleiros participan nunha exposición colectiva na que amosarán os seus traballos. As obras permanecerán na Casa Charry de Oleiros do 12 ao 16 de maio en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Na mostra poderanse ver obras realizadas ao longo destes meses, nas distintas técnicas: óleo, acuarela, pastel..., por todas estas persoas que acoden semanalmente ás instalacións municipais no Castaño en Perillo. Esta actividade ten un grande éxito de participación, acadando un 100% de ocupación en todas as prazas que se ofertan anualmente.
 

back link