Oleiros, 07 de abril de 2016-. Ante a desvergonza de Portos de Galicia que nega a súa competencia na recuperación do noiro afectado polos derrubamentos do porto de Santa Cruz, nunha zona que ten delimitada nos documentos oficiais, o Concello requirirá unha actuación inmediata, dado que o corremento de terras xa fora denunciado no transcurso das obras que Portos de Galicia levou a cabo. Debido o risco da caída do noiro, o alcalde demandará unha reunión urxente para tratar o tema.