Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros traballa nun novo programa que pretende facilitarlles aos escolares os itinerarios de a

 Oleiros, 13 de novembro de 2014-. O Concello de Oleiros traballa na elaboración dun programa educativo novo que pretende incidir na mellora da calidade de vida da veciñanza. Este proceso, chamado camiño escolar, é unha experiencia que precisa da implicación da comunidade educativa inicialmente do CEIP Isidro Parga Pondal, e que está formulado na liña dun modelo de vila máis amable para a cidadanía.

 
Integrado dentro dunha serie de medidas que afectan a un amplo abano de departamentos municipais como Urbanismo, Obras Públicas, Ensino ou Orde Pública preténdese garantir que os nenos e as nenas maiores do colexio poidan acceder á escola andando ou en bicicleta, gañando dese modo espazos ao tráfico rodado e aumentando considerablemente os beneficios evidentes que esta acción comporta para estes escolares de Santa Cruz.
 
Nunha primeira fase tratarase de implantar unha serie de itinerarios seguros que faciliten o acceso a pé ou en bici do alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria axudados por persoal municipal, limitando o acceso ao tráfico a motor a determinadas zonas da contorna do colexio. 
 
Trátase dun proxecto pequeno nos seus primeiros pasos, pero que formará parte dun modelo moi ambicioso de vertebración municipal. Pedagogos de prestixio internacional, como o italiano Francesco Tonucci, defenden abertamente estas medidas para que os nenos de certa idade poidan  gozar de forma segura da súa autonomía, mellorando a súa educación viaria e potenciando tanto as relacións persoais como coa súa contorna.
 
back link