Oleiros, 2 de decembro de 2014-. O Concello de Oleiros asinou esta mañá dous convenios coa Dirección Xeral de Tráfico que servirán para simplificar os trámites dos cidadáns ante este organismo. O primeiro deles articula un protocolo para que os veciños poidan modificar o domicilio propio e dos seus vehículos nas bases de datos da DGT, de forma que se actualicen inmediatamente. Isto supón que ante, por exemplo unha nova alta no padrón municipal de Oleiros ou un cambio de domicilio dentro do propio concello, non exista unha disparidade entre o domicilio que conste en Tráfico e o padrón e vivenda habitual, co que os recibos do IVTM, ou os avisos para a renovación dun permiso de condución chegarán ao enderezo correcto, e non ao antigo. Cunha simple solicitude nas dependencias municipais, remitirase a Tráfico esta, e operarán os cambios, sen necesidade de desprazarse o veciño ás dependencias da DGT, aforrándose custos, xa que o trámite é gratuíto, e tempo.
Hemeroteca
Asset Publisher
Por outro lado asinouse tamén outro acordo que servirá para formalizar as relacións entre Tráfico e o Concello para os efectos de traslados de información, cesión de equipos, realización de estatísticas, control de accidentes e materialización de campañas de control do cumprimento da normativa por parte da Policía Local, programas de educación viaria, etc.