Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros reclama servizo de lanzadeira entre o centro e a intermodal para evitar prolongar o traxecto do bus metropolitano

Aínda que a día de hoxe o Concello de Oleiros non recibiu ningún tipo de comunicación sobre os cambios nos percorridos das liñas de transporte pola entrada en funcionamento da estación intermodal, segundo recolle hoxe a prensa a intención da Xunta é condenar os usuarios a un longo percorrido polas rúas da Coruña nas viaxes de saída da cidade.

Tal e como propón o Concello de Oleiros, co establecemento dunha liña circular que funcionase continuamente entre o centro e a intermodal garantiríanse os desprazamentos á nova estación de bus e tren, sen penalizar as viaxes metropolitanas. Incrementar o traxecto polas rúas da cidade, co tráfico existente, carece de toda lóxica se o que se pretende é fomentar o uso do transporte público.

A Xunta de Galicia é que ten as competencias exclusivas sobre o transporte nos municipios de menos de 50.000 habitantes. Ante estas modificacións habería que preguntarse quen gana realmente cos cambios: a empresa concesionaria ou as persoas viaxeiras?

back link