Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros organiza unha xornada informativa sobre a administración electrónica orientada a perso

Oleiros, 16 de abril de 2013.– O Concello de Oleiros organiza mañá mércores, 17 de abril ás 18:00 horas, no Centro de Formación Municipal Isaac Díaz Pardo, nos Regos, unha xornada informativa sobre a administración electrónica dirixida ás persoas maiores. Esta actividade, impartida por persoal especializado, está dirixida especialmente a todas as persoas maiores que nos últimos anos participaron nos cursos de alfabetización dixital que desenvolve a Concellería de Servizos Sociais desde o seu programa de envellecemento activo.

As persoas maiores son, precisamente, un dos colectivos que máis pode beneficiarse das vantaxes que proporciona a administración electrónica, xa que aforra desprazamentos e as sitúa no manexo das novas tecnoloxías, abríndolles novas perspectivas tanto de ocio como de acceso á información e ás redes sociais. Esta xornada informativa é a continuidade dunha serie de charlas que a finais do pasado ano se desenvolveron por todas as parroquias do Concello de Oleiros, co fin de achegar a Administración aos veciños e veciñas e facilitarlles os trámites co Concello
 

back link