Oleiros, 29 de outubro de 2014-. O Concello de Oleiros organiza, baixo o título Misión Oceanos, un ambicioso programa sobre educación ambiental no medio mariño dirixido á comunidade escolar. A iniciativa pretende difundir entre a poboación as características particulares da costa oleirense e a diversidade na zona de preamar, onde reside unha gran variedade de fauna e flora mariña. A programación inclúe xornadas formativas e obradoiros nos centros educativos e unha interesante exposición divulgativa. A iniciativa se desenvolve coa colaboración do CEIDA de Santa Cruz. Este proxecto conta con financiamento autonómico, estatal e europeo.