Oleiros, 9 de maio de 2014-. O Concello de Oleiros, a través da Rede municipal de Bibliotecas, organiza ao longo da próxima semana un total de sete sesións do programa A Hora do conto nas bibliotecas de Dorneda, Oleiros, Santa Cruz, Lorbé, Perillo e Mera. Estas actividades de contacontos están dirixidas a nenas e nenos menores de 10 anos e todas terán lugar ás 18.30 horas. A programación para a semana na que se conmemora o Día das Letras Galegas inclúe:
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. Dorneda
Luns 12 de maio
CONTACONTOS: Caxoto Contacontos
TÍTULO: “Contos para ir facendo o camiño”
Biblioteca Pública Municipal Manuel María. Oleiros
Martes 13 de maio
CONTACONTOS: Pizpireta
TÍTULOS: “Eu voguei por mar de chocolate”, “A cebra Camila”, “O árbore das follas DIN-A 4”
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz
Mércores 14 de maio
Para nenos-as de 1 a 4 anos:
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULOS: “Bicos con leite”
Para nenos-as de 5 a 10 anos:
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Coidado extraterrestres!”, “Sacapenas”, “Conto para non comer”
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. Lorbé
Mércores 14 de maio
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULOS: “O papón”, “Bicho raro”, “A ratiña branca”
Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 15 de maio
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: "Moito ruído", "Sete irmáns chineses", "Soño dunha noite de verán (fragmento das fadas)"
Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. Mera
Venres 16 de maio
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS: “A ra da boca grande”, “Cocorico”, “A bruxa regañadentes”, “Un pesadelo no meu armario”
O obxectivo principal desta iniciativa de carácter lúdico é fomentar a imaxinación e a creatividade. A iniciativa pretende conseguir que os nenos e as nenas se divirtan escoitando contos e deste xeito, consoliden o seu hábito de lectura. Ademais inténtase que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.
Así mesmo, preténdese introducir os nenos e as nenas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender e que os faga gozar. A través do universo máxico dos contos desenvólvese a imaxinación, a fantasía e a capacidade de fabulación de quen escoita, polo que se tratará de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e as nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos agradables cos libros.