Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros levará a cabo tres asembleas informativas sobre o documento que completa a aprobación d

Oleiros, 17 de abril de 2013.- O Concello de Oleiros levará a cabo a partir da próxima semana tres asembleas onde informará os veciños e veciñas sobre o documento que completará a aprobación do Plan xeral en todo o termo municipal, incluíndo as zonas que no seu día quedaron excluídas e aquelas afectadas pola pegada sonora.

O Goberno local terá unha charla para cada zona do municipio: norte, centro e sur. Deste modo a primeira terá lugar o próximo martes día 23 de abril ás 20.30 horas nas Torres de Santa Cruz orientada aos veciños da zona centro. A seguinte terá lugar o venres 26 ás 20.30 horas na casa do pobo de Mera, para a zona norte e a última será o luns 29 de abril ás 20.30 horas na casa do pobo de Nós, orientada para a zona sur. O Goberno local anunciou a pasada semana que este documento será sometido a votación no próximo pleno municipal.
 

back link