Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros leva a cabo unha campaña solidaria a través das piscinas municipais

 Oleiros, 1 de decembro de 2014-. As piscinas municipais do Concello de Oleiros inician durante este mes de decembro unha campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene e limpeza con destino ao Banco Solidario.

Esta iniciativa, froito da colaboración entre as piscinas municipais, a Concellería de Deportes e o Voluntariado de Oleiros, ten como obxectivo canalizar a solidariedade das persoas veciñas de Oleiros cara ás familias máis necesitadas a través da estrutura establecida para este fin: o Banco Solidario.
Todas aquelas persoas que queiran colaborar poderán depositar os produtos nas piscinas de Perillo, Oleiros ou Dorneda, así como na situada na Fábrica en Santa Cristina.
O persoal das piscinas quere, desta forma, contribuír e apoiar o Voluntariado de Oleiros no seu traballo para axudar a aquelas familias que peor o están a pasar como consecuencia do desemprego. O obxectivo desta campaña é recadar tanto alimentos perecedoiros, principalmente aceite, produtos en conserva, leite, galletas, cereais…, así como produtos de hixiene persoal (xel, xampú, compresas,pasta e cepillos de dentes, desodorizante…) e de limpeza (deterxente, lixivia…).
 
back link