Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros lamenta o tempo que se está perdendo para definir o futuro de Nostián

O Concello de Oleiros aposta por que Nostián continúe a ser o principal referente para o tratamento de residuos sólidos urbanos en todos os municipios da área metropolitana, incluída a capital.
 

O alcalde, Ángel García Seoane declarou que o mellor xeito de rematar coa confusión reinante e a perda dun tempo valioso é a celebración dunha reunión entre todos os alcaldes e alcaldesas para enfocar o futuro con garantía e a solidez resolutiva que require un asunto tan importante.

García Seoane insistiu en que a solución de Nostián é a que máis convén a toda a comarca, se ben A Coruña debe aclararse en torno ao seu futuro, que está pendente desde hai bastante tempo da decisión que ten que tomar a alcaldía coruñesa sobre a incertidume que arrodea a planta de tratamento.

back link