Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros goza de boa saúde económica grazas á xestión do goberno municipal

A xestión do goberno municipal reflicte, tras a liquidación do orzamento 2023, un superávit de máis de 2.000.000 de euros e un remanente de tesouraría que supera os 10.000.000 de euros.

Coa liquidación do exercicio orzamentario 2023, o Concello de Oleiros goza dun superávit de 2.098.342,34 euros e un remanente de tesourería para gastos xerais de 10.741.004,49 euros, polo que non procede aplicar ningunha das medidas correctoras contempladas no art. 193 da Lei Reguladora das Facendas Locais.

No relativo aos ingresos, o 2023 destacou pola elevada execución na recadación de impostos indirectos (actividades económicas, construcións e obras) ata un 121,72%; recadando 1,5 millóns de euros en lugar do 1,3 que se tiña previsto. Asimesmo ingresouse case que a totalidade do previsto en impostos directos (IBI, imposto de circulación, plusvalía): 10,9 millóns de euros (o 97,58%). Ademais, Oleiros recibiu todo o que se prevía por transferencias doutras administracións (o 98,39%). 

A xestión do goberno local oleirense consegue así finalizar outro exercicio orzamentario con superávit para as arcas municipais. 
 

back link