Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros exige a la Xunta que cumpla su obligación de mantener en buen estado de conservación la

 Oleiros, 15 de outubro de 2014-. O Concello de Oleiros esixe á Xunta que cumpra a súa obriga de manter en bo estado de conservación as vías da súa titularidade ao seu paso polo municipio. Do mesmo modo, e como parte ineludible desta obrigación, recórdalle ao Goberno autonómico o seu deber para cos cidadáns de Oleiros á hora de extremar as medidas de seguridade nas ditas vías. Onte mesmo o alcalde de Oleiros lamentou o estado no que se atopan os pasos de peóns en estradas autonómicas como a AC-174, que comunica Perillo con Sada, por poñer un exemplo. Pasos de peóns nas localidades de Perillo, Montrove e Santa María de Oleiros se encontran totalmente despintados, o que significa un risco para os transeúntes e, en ocasións, provoca que en zonas con visibilidade suficiente os condutores non se decaten da presenza destes pasos. Nos pasados días este problema causou varias colisións por alcance e podería causar no futuro algún atropelo.

 
O rexedor oleirense, Ángel García Seoane, instou á Xunta a mellorar a sinalización dos paso de forma urxente e sinalou que o goberno autonómico non é a única administración que esquece o coidado das súas estradas, xa que situacións similares se están vivindo en vías que dependen doutras administracións.
 
back link