Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros estrea o seu «Portal Xeográfico Municipal»

Oleiros, 10 de outubro de 2012-. Dentro do proxecto ‘Oleiros, cara á administración electrónica’, o Concello de Oleiros pon en marcha desde hoxe mesmo o seu portal xeográfico municipal, un proxecto de modernización baseado nas novas tecnoloxías da información e a comunicación para adaptar a ordenación do territorio ás exixencias demandadas pola actual sociedade da información que se ven materializadas na Lei de acceso cidadán ás administracións públicas.

Este novo portal xeográfico municipal, ao que se poderá acceder a través do portal corporativo do Concello está formado pola aplicación chamada Plan xeral, http://gis.oleiros.org . Este servizo pon a disposición de toda a cidadanía a consulta do Plan xeral de ordenación municipal de Oleiros, a través dun Sistema de Información Xeográfico. Permite mostrar distintos mapas e obter información a nivel de parcela.

Por outra parte a nova ferramenta conta coa aplicación de rueiro interactivo, http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/rueiro. Este servizo permite a consulta sobre o plano do concello de distintos puntos de interese: equipamentos, auditorios, bibliotecas, casas da cultura, etc. e a consulta do rueiro municipal.

Este portal, forma parte dun proxecto GIS corporativo con distintas capas de información, cuxo obxectivo, ademais do achegamento da administración á cidadanía, é a mellora da xestión interna do Concello.
 

back link