Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros denunciou en 2010 o presunto fraude de subvencións

 Oleiros, 16 de outubro de 2014-. En relación á noticia publicada hoxe por varios medios de comunicación na que se fan eco da detención de sete persoas  relacionadas cun posible caso de fraude de subvencións para combater o desemprego no marco da Operación Zeta, o Goberno de Oleiros quere recordar que no ano 2010 denunciou publicamente está practica. Así mesmo, no mes de novembro de ese ano remitiu ao Fiscal Superior da Comunidade Autónoma de Galicia, á Consellería de Traballo, ao Ministerio de Traballo e á o Unión Europea un completo expediente no que se detallaban algunhas das prácticas ilegais relacionadas con estas subvencións. A continuación achégase o documento completo remitido a estas Administracións así como copia de dúas cartas remitidas polo Ministerio de Traballo en contestación á o denuncia, e na que se sinalaba que tras unha auditoria non se observaba ningunha irregularidade

back link