Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros contratará 38 traballadores para reforzar o servizo de salvamento e socorrismo durante

 Oleiros, 7 de abril de 2015-. O Concello de Oleiros completará o seu cadro de persoal con 52 traballadores e traballadoras que durante un período de catro meses reforzarán os servizos que maior carga de traballo teñen durante o verán. Deste modo, o Servizo Municipal de Salvamento e Socorrismo, o que sufre o maior incremento de actividade nesta época, contratará un total de 38 persoas, das cales unha será supervisor do servizo, 27 serán socorristas e 4 xefes de grupo que tamén levarán a cabo labores de socorrismo e salvamento. Ademais o equipo completarase con 6 auxiliares sanitarios. 

 
Por outro lado, o Departamento de Servizos Municipais reforzarase con 14 traballadores que realizarán tarefas como a limpeza de praias, limpeza viaria ou conservación e recuperación de mobiliario urbano.
 
back link