Oleiros, 3 de abril de 2013-. O Concello de Oleiros recibiu esta mañá unha nova pala escavadora que se incorpora a maquinaria de traballo do Concello e que supuxo un investimento total de 72.116 euros. Esta máquina de nova adquisición está destinada ao Departamento de Servizos Municipais e reforzará a infraestrutura para o mantemento e conservación das rúas e camiños de titularidade municipal.
Ademais de realizar a conservación e mantemento de camiños será utilizada nas reparacións da rede de saneamento e pluviais feitas por persoal propio do Concello o que abaratará os custos, así coma outras tarefas de retirada de escorrementos de terras e demais traballos asociados ao mantemento e conservación do patrimonio municipal.
A nova maquinaria está equipada coa tecnoloxía máis avanzada, inclúe no seu equipamento: brazo longo de 1770 mm para acadar maior profundidade de escavación e altura de descarga, cazos de distintas medidas para operar nos camiños, sistema powertilt especialmente indicado para a limpeza de gabias e marxes das vías, sistema de monitorización por satélite para a localización e seguimento da produtividade vía GPS.