Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros celebra unha mesa redonda orientada a mostrar aos pais e nais como potenciar as capacid

Oleiros, 24 de marzo de 2014-. O Concello de Oleiros celebra unha mesa redonda orientada a mostrar os pais e nais como potenciar as capacidades dos seus fillos e fillas. A charla celebrarase o próximo mércores 26 de marzo ás 20.00 horas no auditorio da Fábrica. Esta mesa redonda, titulada Teño un fillo de altas capacidades, e agora que?, ofrecerá unha visión familiar e escolar sobre este tema. Como trataremos como pais e educadores a educación dos nosos fillos e fillas. No simposio participarán Margarita Beceiro, orientadora do CEIP Mosteirón, ademais participará a nai dun adolescente de altas capacidades, Elena Rivas, que achegará a súa visión e experiencia.

back link