Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros celebra la XXII edición del triatlón concello de oleiros

Oleiros, 19 de maio de 2011-.  O Concello de Oleiros, a través do Servizo Municipal de Deportes, organiza a XXII edición do Tríatlon Concello de Oleiros que terá lugar o próximo 28 de maio na localidade de Mera. Esta proba, unha auténtica clásica no calendario galego, reunirá un total de 140 atletas entre federados e populares. A carreira comezará ás 16.00 horas. O primeiro sector que terán que cubrir as persoas participantes é un circuíto acuático de 750 metros na praia de Mera, posteriormente subiranse á bicicleta para completar un total de 20 quilómetros en catro voltas pola estrada de Veigue. Por último, daranse dúas voltas a un circuíto de 2,5 quilómetros entre a Lagoa de Mera e a rotonda de Canide.

back link