Oleiros, 5 de xullo de 2012-. O Concello de Oleiros celebra este sábado día 7 de xullo a Festa da Mocidade, unha festa cargada de actividades e música dedicada especialmente para público xuvenil. A celebración será nas inmediacións da pista de skate de Bastiagueiro. As actividades comezarán ás10.00 horas e prolongaranse ao longo de todo o día.
A partir de primeira hora os mozos e mozas asistentes poderán gozar de diferentes actividades monitoriozadas como batuka, skate, surf, street dance, graffitis e escalada. Máis tarde, ás 22.00 horas comezarán os concertos de música nos que participarán grupos locais de todos os estilos musicais. Na festa actuarán Mosntruo, Swak, Na Bretema Fenix, Pluslottus e Trollforce.
Programa:
HORA ACTIVIDADE
11:00 – 14:00 Campionato de Skate
11:00 – 14:00 Animación
12:00 – 13:00 Street Dance
13:00 – 14:00 Taller de Graffiti
13:00 – 14:00 Batuka
14:00 – 16:00 Descanso
16:00 – 20:30 Campionato de Skate
16:00 – 19:00 Probas de son:
1. Pluslottus.
2. Na Brétema Fénix.
3. S.W.A.K.
4. Monstruo.
5. Trollforce.
16:00 – 20:00 Monólito de Escalada – Simulador de Surf
17:00 – 20:00 Animación
18:00 – 19:00 Taller de Graffiti
19:00 – 20:00 Street Dance
20:30 – 21:00 Entrega premios Skate
22:00 – Concerto. Orden:
1. Trollforce
2. Monstruo
3. S.W.A.K.
4. Pluslottus
5. Na Brétema Fénix